Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química | Código | 610G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 B7 C1 C3 C4 | Na sesión de exposición oral avaliarase as competencias dos alumnos na expresión oral, na capacidade de sintese. Así mesmo, avaliarase a capacidade de discusión e defensa do traballo tutelado presentado por escrito. | 10 |
Traballos tutelados | A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 | Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliaranse a claridade de contidos, a capacidade de discusión de resultados e a redacción da memoria. Avaliarase así mesmo todo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos prazos fixados no seu momento. | 70 |
Seminario | A11 A15 B2 B4 B7 | Durante os seminarios profundizaráse nos aspectos teóricos mediante a resolución de exercicios que serán entregados previamente ó alumno. Á finalización de cada parte diferenciada da materia realizaráse unha proba, na que os alumnos terán que resolver e entregar problemas que se lles presentarán ó inicio da sesión de seminario. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para supera-la materia será preciso ter elaborado, entregado e aprobado cunha cualificaciñon mínima de 5 o traballo tutelado, no prazo establecido polo profesor. As cualificacións obtidas nas sesións de seminario sumaranse á esta cualificación. Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en ningunha das actividades avaliables programadas. Na segunda oportunidade, os alumnos que non superan a cualificación mínima de 5 no traballo tutelado poderán enmenda-lo para chegar a dita cualificación. A nota final será a suma da obtida no traballo tutelado nesta segunda oportunidade e as cualificacións obtidas nos seminarios durante o curso. Nesta segunda oportunidade os alumnos só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tiveran cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comezar cun novo curso , incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos seminarios se substituirá pola obtida nas titorías personalizas. |
|