A Histoloxía, xunto coa Citoloxía, integra unha das materias formativa básicas do Grao en Bioloxía, abordando o seu estudo o complexo mundo da célula (Citoloxía) e os seus niveis de organización superiores (Histoloxía). A Histoloxía, por tanto, ten como obxecto de estudo a organización estrutural dos tecidos como asociacións específicas celulares, a súa correlación coa función (fisioloxía) que desempeñan e os procesos de histoxénese. Neste sentido, o seu coñecemento e dominio é imprescindible na formación de todo biólogo, ao tratarse a Histoloxía dunha disciplina básica para que o/as alumno/as comprendan e encaren adecuadamente o resto das materias que integran o Grao, e na súa proxección profesional, especialmente naquelas saídas profesionais relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e investigador.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías recollidas na guía docente, aínda que se adaptarán á modalidade online.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A metodoloxía adaptarase á modalidad online. Para tal fin recorrerase a Microsoft Teams. Así mesmo, todo o material empregado poñerase a disposición do alumnado a través da plataforma Moodle.
As prácticas de laboratorio adaptaranse igualmente, de xeito que as preparacións microscópicas a estudar serán substituídas por imaxes (dos tecidos/órganos a estudiar nas sesións prácticas).
As dúbidas xurdidas (atención personalizada) serán tratadas a través do correo electrónico, Moodle ou Microsoft teams.
As probas ou exames a realizar faranse a través da plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Microsoft Teams: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Correo electrónico: sempre que se requira (a demanda do alumnado). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou outras aclaracións relativas á materia.
4. Modificacións na avaliación
Mantense o sistema de avaliación recollido na guía docente, aínda que as probas realizaranse telemáticamente a través de Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as observacións recollidas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se prevén modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías