A asistencia ás clases maxistrais posibilita a comprensión dos temas da asignatura e posibilita o tratamento de dúbidas ou cuestións que poidan xurdir no transcurso das explicacións. A elaboración dos traballos tutelados é útil para completar o estudo e acadar resultados optimos de cara o aprendizaxe da materia. As dúbidas e dificultades que formule calquera aspecto da materia
deberán de resolverse o antes posible, formulándose nas clases
presenciais ou acudindo ás titorías individualizadas. A asistencia a titorías (individuais o en grupo) facilita a resolución correcta dos problemas, cuestións ou dúbidas que xurdan no transcurso da preparación da materia, e reforzan o aprendizaxe. Aconsellase o alumnado que as utilice. O estudo debe considerar a consulta habitual de polo menos a bibliografía recomendada. O estudo e traballo en grupo favorece a comprensión e desenvolve o espírito crítico. |