Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Xenética molecular |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética molecular | Código | 610G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A5 A8 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 | Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral das prácticas realizadas mediante unha proba con preguntas tipo ensaio, test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. | 15 |
Traballos tutelados | A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 | Valorarase a capacidade de solucionar problemas e relacionar os contidos da materia mediante varias probas (unha por cuestionario) con preguntas test de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación. | 20 |
Proba mixta | A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 | Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia. Pode incluir preguntas tipo ensaio, de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación e tamén resolución de problemas. |
50 |
Prácticas a través de TIC | A5 A8 A12 A15 B2 B3 B5 B7 | Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas mediante unha proba con preguntas test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. A proba pode requerir o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4 na proba mixta e unha cualificación media nas prácticas >4 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,9 (suspenso). Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación. As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro). Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade (xullo) realizaranse únicamente a proba mixta e as probas sobre prácticas (laboratorio e TIC). As cualificacións obtidas nos cuestionarios mantéñense da primeira oportunidade. No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe. |
|