Esta materia céntrase nas bases conceptuais e metodolóxicas necesarias para comprender a organización, expresión, variación e manipulación do material xenético. Achega unha perspectiva molecular aos coñecementos adquiridos en "Xenética" (obrigatoria de 2º curso) e coñecementos necesarios para abordar "Xenética de Poboacións e Evolución", "Citoxenética" e outras materias relacionadas de terceiro e cuarto curso.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías planificadas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As actividades docentes que conlevan presencialidade levaránse a cabo utilizando medios de comunicación síncronos (Teams). No caso de prácticas de laboratorio proporcionarase materiais e exercicios prácticos que os estudantes poidan resolver de forma autónoma con apoio de titorías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Utilizaranse medios de comunicación síncronos (Teams) e asíncronos (correo electrónico e Moodle).
4. Modificacións na avaliación
Mantéñenese os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación.
*Observacións de avaliación:
As probas de avaliación levaranse a cabo a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Proporcionanse recursos electrónicos de libre acceso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías