Botánica sistemática: Criptogamia. Ciencia que estuda os fungos, algas, briófitos e pteridófitos nun contexto evolutivo e atendendo a unha clasificación filoxenética. Integra información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e capacita ó estudante para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, en asesoría ambiental, agronomía e etnobotánica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral (computa na avaliación).
- Seminarios (computa na avaliación).
-Prácticas de laboratorio (computa na avaliación).
-Prácticas de Saída de campo (computa na avaliación).
-Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Sesión maxistral: pasarán a modo presencial online (ferramenta Teams).
-Seminarios: pasarán a modo presencial online (ferramenta Teams)
- Prácticas de laboratorio: pasarán a modo virtual proporcionando aos alumnos material online.
-Estudo de Casos: quedan suspendidos e a porcentaxe de avaliación correspondente transfírese á proba obxectiva escrita.
-Prácticas de Saída de campo: Non se realizarán estas actividades en modo presencial, sustituíndose por exercicios virtuais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Ferramenta Teams:
Temporalización:
-Sesións semanais na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade para as sesións maxistrais.
-Atención e resposta ás cuestións formuladas polos alumnos no Equipo Teams da materia (vídeo, audio ou chat); tamén baixo demanda do profesorado.
-Ferramenta Moodle
Temporalización:
- Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Repositorio de documentos e axuda na docencia, tamén para notificacións e comunicacións cos alumnos mediante o “Foro”.
-Correo electrónico:
Temporalización:
- Diariamente.
-Atención e resposta ás cuestións remitidas polos alumnos a través do e-mail.
-Teléfono
Temporalización:
Atención personalizada bidireccional requirida por ambos participantes
4. Modificacións na avaliación
-Metodoloxía: Seminario
Peso na cualificación: 10%
Descrición: Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada seminario, así como a súa actitude e participación nos mesmos. As sesións de videoconferencia realizaranse por Teams e serán gravadas.
-Metodoloxía: Sesión maxistral
Peso na cualificación: 60%
Descrición: Cualificarase mediante unha proba obxectiva composta por cuestionarios en Moodle e un exame individual manuscrito (con entrega arquivo foto ou escaneo). A proba realizarase en sala de videoconferencia gravada en Teams. Porén, se durante a elaboración das cualificacións, os docentes detectan algunha irregularidade que poña en cuestión os coñecementos expostos polo alumno durante a realización da proba, procederase a contactar co alumno para a súa verificación mediante unha proba oral (videoconferencia individual Teams).
-Metodoloxía: Prácticas de laboratorio
Peso na cualificación: 20%
Descrición: Cualificarase o contido, calidade e presentación dos informes de prácticas que serán remitidos en arquivo pdf.
-Metodoloxía: Estudo de casos
Peso na cualificación: Anulado (a porcentaxe pasa á sesión maxistral)
Descrición: non aplica
-Metodoloxía: Prácticas de Saída de campo
Peso na cualificación: 10%
Descrición: Cualificarase o contido, calidade e presentación dos informes destas prácticas que serán remitidos en arquivo pdf
*Observacións de avaliación:
O indicado na guía docente ordinaria segue a ser válido.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías