A Xeobotánica ou Fitoxeografía é unha ciencia eminentemente integradora que trata de coñecer e racionalizar as relacións da vida vexetal coa súa contorna. Divídese en fitoxeografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía. A fitoxeografía estuda todo o referente á localización da biodiversidade vexetal sobre a superficie terrestre. A fitocenoloxía céntrase en estudar as agrupaciones vexetais en sí mesmas e a fitoecoloxía ten posto seu punto de mira no estudo das relacións entre as plantas (autoecoloxía) ou comunidades vexetais (sinecoloxía) e os factores ambientais tanto bióticos como abióticos.
Plan de continxencia
Plan de continxencia no que se contemplan dous posibles escenarios: un paso da docencia presencial á docencia híbrida (escenario 1) e un confinamento total que implicaría a imposibilidade de realizar actividades presenciais ou en campo
Escenario 1.
Cancelaranse as saídas de campo que impliquen un transporte dos alumnos no que sexa imposible garantir o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. A porcentaxe da avaliación destinada a esta actividade sumarase á valoración da proba obxectiva
Na docencia expositiva adoptarase a modalidade híbrida segundo o establecido pola Facultade de Ciencias.
Escenario 2
1. Modificacións nos contidos
Non será necesario realizar modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, agás aquelas que riquiran que os alumnos realicen actividades ó aire libre (saídas de campo e estudo de casos), que serán canceladas (saídas) ou transformadas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Docencia expositiva: no caso de non poder impartir a docencia expositiva presencial, esta terá lugar por vía telemática mediante a plataforma Microsoft Teams.
Estudo de casos: as partes que implican a realización de traballo de campo serán substituídas pola análise de datos de vexetación que serán proporcionados polos profesores.
Prácticas de laboratorio: Fusionaranse co estudo de casos, adaptándose tamén á análise, virtual, de datos de vexetación e de coroloxía de especies vexetais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
*Moodle: Atención a demanda dos estudantes cando se susciten cuestións no foro.
*Email: Atención a demanda dos estudantes e segundo as súas necesidades.
*Teams: Ferramenta empregada a demanda dos estudantes cando se susciten cuestións no chat.
4. Modificacións na avaliación
No caso de non poder realizarse presencialmente, a proba escrita terá lugar de xeito telemático mediante Moodle ou Microsoft Forms.
A porcentaxe da avaliación atribuída ás saídas de campo (5%) transferirase á proba obxectiva final; e a atribuída ás prácticas de laboratorio (5%) transferirase ó estudo de casos. As porcentaxes quedarán como segue:
Proba obxectiva: 55% da valoración final
Estudo de casos: 45% da avaliación final
*Observacións de avaliación:
As realizadas na guía ordinaria continúan a ser válidas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías