A avaliación constará de dúas partes:
1) Parte teórica que inclúe os seminarios e parte da proba
mixta
2) Parte práctica, incluída na proba mixta.
En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos
sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha
das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as
actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media
resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das
partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de
4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba
mixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira
oportunidade. Se o alumno está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha
das partes da proba mixta (teoría ou práctica) é de 5 ou máis puntos, manterase
esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba
mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba
mixta.
A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. A non
asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous
puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o
alumno non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a
asignatura.
Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que
non concorran ás probas mixtas.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida e dispensa académica de exención de asistencia, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo escrito.