As sesións maxistrais son recomendables con vistas ao seguimento do programa teórico da materia.
Igualmente, é esencial que o alumnado faga uso da Plataforma Virtual da UDC (Moodle) para o desenvolvemento da materia.
Requírese saber redactar, sintetizar e presentar un traballo ordenadamente, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).
Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. |