A materia
divídese en dous bloques, 1-Modelos Lineais (temas 1 e 2) e 2-Análise
Multivariante. Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo
que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. Cada bloque
representa o 50% da nota final da que o 40% proven da proba obxectiva, o 20% da
proba de resposta breve e o 40% do traballo tutelado.
Os exames oficiais de cada unha das dúas oportunidades consistirán
na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a
aplicación e interpretación dos métodos estudados na materia. Os traballos tutelados
consistirán na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes,
dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas. A cualificación obtida nos
traballos gardarase ó longo do presente curso académico. No suposto de non ter
presentado o (os) traballo(s) tutelado(s) na primeira oportunidade de xaneiro,
será requirido na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes a tempo parcial
e/ou con dispensa académica deberán tamén entregar este(s) traballo(s).
Para aprobar a asignatura é
necesario ter aprobada por separado cada un dos bloques dos que consta a
materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a
cualificación final será como máximo un 4.5. Para superar cada bloque é
preciso que a cualificación da proba final non sexa inferior a 3 puntos (sobre
10).
En calquera das dúas oportunidades anuais
figurará un NON PRESENTADO unicamente naqueles casos nos que o alumnado non
entregue os traballos nin se presente ó exame oficial.
Todas as observación
previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa
académica.