Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, a avaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir, adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC, mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que no seu caso se realizasen ate o momento.
Dispoñibilidade de recursos técnicos: se a situación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballo ordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico, incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsables de dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder a recursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico. Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ”
Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda desenvolvendo un traballo sobre un tema específico da materia que se
comunicará individualmente a cada alumno despois da publicación das
cualificacións da primeira oportunidade. O traballo debe ter unha extensión
mínima de 50 follas A4 a unha cara con marxes de 2,5cm. por cada lado,
tipografía Times New Roman corpo 11 e espaciado de 1,5 liñas; o número de
palabras non pode ser inferior a 10.000, excluídas citas e bibliografía, que
seguirán a norma APA. Valorarase de cero a dez puntos en función da profundidade e calidade do
contido, a amplitude e relevancia da bibliografía empregada, e o interese das
conclusións. Son de aplicación as seguintes esixencias de orixinalidade: aceptaranse unhas
similitudes máximas do 25% (excluídas citas e bibliografía) e do 30% (incluíndo
citas e excluíndo bibliografía); de se considerar necesario, pode preverse unha presentación persoal do traballo, que será condición necesaria para supera-la asignatura. O incumprimento destas condicións entenderase
fraude, coas consecuencias que se prevén na normativa académica.
Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun examen sobre 10 puntos.
Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dipositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.