Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora,
xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta
lingua.
A cualificación final consta de dúas partes:
A.-Exame: 30% da cualificación.
B.-Estudo de casos: 70% da cualificación.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.
No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.