- A proba mixta considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 40% da nota para computar coas outras actividades que se avalían.
- Estes criterios de avaliación corresponden tanto á primeira como a segunda oportunidade. Os mesmos criterios aplicaranse ao alumnado con dedicación parcial. De calquera xeito ao estudantado con dedicación parcial recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da súa situación.
- En caso de que haxa estudantes que opten pola convocatoria adiantada, o sistema de cualificacións será o mesmo. Neste caso as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.
- A orde que seguen os temas nesta guia docente pode ser modificado ao impartilo na aula, en función das necesidades docentes que poidan xurdir.
Algunhas observacións
xerais de avaliación, colocadas de maneira homoxénea co resto das guias docentes
- Cualificación
de non presentado:
Corresponde ao estudante cando só participe de actividades de
avaliación que teñan una ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.
- Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as
oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un
mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.
- Estudantes
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: Recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da súa situación e ver de adaptar o sistema de avaliación (Obradoiro e traballo tutelados).
-Sobre
condicións de avaliación:
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de
información.
- Identificación
do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa
normativa vixente.