Recoméndase ter cursadas previamente as materias de Matemáticas I e II. Recoméndase o estudo simultáneo das Matemáticas II aos alumnos que cursan ADE+Dereito e non o puideron facer con anterioridade. Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. Na entrega de traballos o boletíns que se realicen nesta materia: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Na medida do posible empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |