A continuación especifícanse os criterios para a avaliación na primeira e a segunda oportunidade:
Na primeira oportunidade a superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación no "estudo de casos" como na "proba mixta".
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades
de avaliación que teñan unha ponderación que non supere o 20% da avaliación, con independencia da cualificación acadada.
Segunda oportunidade: na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade, mais para garantir que o alumnado poda superar a materia poderá recuperar un 30% da avaliación continua na proba mixta final respostando unha serie de cuestións teóricas e/ou prácticas.
Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que desmostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.
CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN:
- está prohibido o acceso ás aulas de exame con calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que o profesorado responsable da materia así o estableza.
- O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da Coruña
Sexa cal sexa a convocatoria ou a dedicación do/a estudante, a
cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).