Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012) |
Asignaturas |
Prácticas Externas I |
Resultados de aprendizaxe |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas Externas I | Código | 612499010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 15 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía. Obxectivos específicos: 1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. 2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión. 3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión. 4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. 5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. | AM1 AM2 AM3 AM4 AM5 AM6 AM7 AM8 AM9 AM10 AM11 AM12 AM13 AM14 AM15 |
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9 BM10 BM11 BM12 BM13 |
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 |
|