Teaching GuideTerm Faculty of Law |
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012) |
Subjects |
External Practices I |
Learning aims |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | External Practices I | Code | 612499010 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 15 | ||||||||||
|
Learning outcomes | Study programme competences / results | ||
Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía. Obxectivos específicos: 1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. 2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión. 3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión. 4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. 5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. | AC1 AC2 AC3 AC4 AC5 AC6 AC7 AC8 AC9 AC10 AC11 AC12 AC13 AC14 AC15 |
BC1 BC2 BC3 BC4 BC5 BC6 BC7 BC8 BC9 BC10 BC11 BC12 BC13 |
CC1 CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 |
|