Prácticas clínicas |
A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 50% da cualificación final.
Os profesores dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.
No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas serán realizadas de xeito individual síncrono por medios telemáticos, combinando moodle (para a entrega da práctica) e Teams (para a interacción co profesor da asignatura). A súa realización e avaliacíon continua terá carácter liberatorio. |
50 |
Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización das actividades prácticas. Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que
non leven a cabo as actividades da práctica clínica, poderán realizar o exame final
completo, que terá un valor de 10 puntos. Os alumnos que se atopen nesta
situación deberán comunicalo expresamente ao profesor polo chat de TEAMS ou por
correo electrónico. O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.
|