Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel.
Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos.
Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz.
Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente.
A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.
B. Grado en Dereito
- Non se realizarán cambios.
C. Bilingual degree
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- - Sesión maxistral
- Proba final (computa na avaliación)
- Actividades iniciais
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de caso (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Eventos científicos ou divulgativos (computa na avaliación)
B. Grado en Dereito
- Sesión maxistral

C. Bilingual degree:

*Metodoloxías docentes que se modifican
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.
B. Grao en Dereito

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Microsoft Outlook, Moodle, TEAMS.
B. Grao en Dereito
- Moodle, TEAMS, FORMS, STREAM.
C. Bilingual degree
- TEAMS, Moodle, Microsoft Outlook.
4. Modificacións na avaliación
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.
B. Grao en Dereito
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.
C. Bilingual degree
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.
*Observacións de avaliación:
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Suprímese a esixencia de obter unha cualificación numérica non inferior á de 5 sobre 10 na proba final.
B. Grao en Dereito:
- Mantense o indicado no Paso 7.
C. Bilingual degree:
- Mantense o indicado no Paso 7.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A. Programa de Simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.
B. Grao en Dereito
- Non se realizarán cambios.
C. Bilingual degree
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías