Con esta materia o que se pretende é acadar coñecemento xeral sobre o dereito autonómico que estudará a organización territorial do Estado, as súas bases constitucionais e as vías de acceso á autonomía; a distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas; a doctrina do Tribunal Constitucional sobre o reparto de competencias.
Por outro lado, se analiza a organización das Comunidades Autónomas: as súas Asambleas Lexislativas e os seus órganos executivos.
Finalmente, se estuda o réximen xurídico dos principais sectores da actividade da competencia autonómica con especial alusión ás leis que regulan o contido propio e específico do dereito derivado do Estatuto de Galicia
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario
- Sesión maxistral
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se fará a Proba mixta, xa que realizarase unha proba tipo test por cada parte da asignatura que teña un valor do 40% do total da cualificación final, sendo necesario aprobala para poder superar a asignatura.
- Realizaranse Traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 60% do total da cualificación final.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Impulsaranse os foros para resolver dúbidas do alumnado.
- Teams: Continuarase coas sesións maxistrais no horario establecido.
4. Modificacións na avaliación
- Realizarase unha proba tipo test por cada parte da asignatura que teña un valor do 40% do total da cualificación final, sendo necesario aprobala para poder superar a asignatura.
- Realizaranse Traballos tutelados por cada parte da asignatura, que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 60% do total da cualificación final.
- A nota final sería o resultado da media das notas acadadas en cada parte.
*Observacións de avaliación:
- En canto á avaliación, haberá os mesmos criterios tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías