Descrición xeral |
O Dereito internacional dos espazos é unha materia xurídico internacional onde se estuda o ámbito físico-espacial onde se desenvolven as relacións de coexistencia e de cooperación entre os distintos suxeitos internacional, especialmente, Estados e Organizacións internacionais.
Estes espazos son, en primeiro lugar o territorio, soporte físico da soberanía do Estado e delimitado mediante fronteiras. Pero o territorio non é soamente a superficie terrestre, senón tamén a marítima e a aérea, de maneira que se examinan, igualmente, os espazos marítimos (tanto os suxeitos á soberanía do Estado como os que non) e o espazo suprayacente, isto é o espazo aéreo e o ultraterrestre. Ademais, nesta disciplina analízanse outros espazos de singular importancia, como son, os cursos de auga internacionais e os espazos polares. E, finalmente, como todos estes espazos comparten o mesmo medio ambiente, tamén se explica a protección xurídico-internacional do medio ambiente.
O estudo desta materia permitirá ao estudante coñecer mellor unhas institucións xurídico-internacionais que dan lugar a unha práctica moi intensa e cunha proxección profesional, sen dúbida, moi destacada como son o Dereito do mar ou o Dereito aéreo. E, tamén, abordar cuestións cruciais para o futuro da Humanidade, como son o estado ambiental dos mares e dos océanos, o uso da auga doce, o quecemento global, a cuestión do Ártico e a Antártida, ou en fin, a existencia dun Patrimonio Común da Humanidade. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario (computa na avaliación)
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Proba obxetiva (computa na avaliación só para os alumnos que se acollen ao Modelo de avaliación B)
- Sesión maxistral
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Microsoft Outlook
- Moodle
- TEAMS
4. Modificacións na avaliación
- No se realizarán cambios, salvo que en la Modalidad B) el examen consistirá en un cuestionario a través de Moodle.
*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios, salvo que na Modalidade B) o exame consistirá nun cuestionario a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
|