Esta materia pretende proporcionar os estudantes unha serie de capacidades, tanto conceptuais como procedementais, que lles permitan coñecer que é unha rede de comunicacións, que é Internet, e como se poden obter beneficios tanxibles da información que reside nela, utilizando para elas as ferramentas e técnicas de recuperación de información máis axeitadas.
Descritores: Utilización da tecnoloxías básicas de Internet. Conceptos básicos de redes de comunicación. Conceptos básicos de Internet e navegación en Web. Buscadores Web e Recuperación de Información. A Web como base de datos documental.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías. O único cambio real é que a materia pasa a ser impartida a distancia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais substitúense por sesións de vídeos síncronas e/ou pregravadas, que en ambos os casos estarán á disposición dos alumnos a través de Stream e enlaces no Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Email: Permanente. Atención continuada ás mensaxes enviadas polos alumnos.
Teams: Permanente. Atención continuada ás mensaxes enviadas polos alumnos.
Moodle: Permanente. Atención continuada ás mensaxes publicadas nos foros.
As titorías desenvolveranse preferentemente mediante os medios telemáticos indicados pero tamén a través doutros servicios similares se o alumno o require (Skype, Hangouts, etc).
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións xa que todos os compoñentes da avaliación están preparados para desenvolvérense presencialmente ou online.
*Observacións de avaliación:
A avaliación da Segunda Oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a da Primeira.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións. Todo o material esencial para o desenvolvemento da materia está dispoñible en Moodle, ben directamente ben a través de enlaces.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías