Para superar a materia será necesario asistir regularmente ás aulas, realizar como mínimo o 60% das actividades propostas e obter como mínimo unha nota de 4 valores, sobre 10, na presentación oral.
Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non asistiren regularmente ás aulas e/ou non realizaren, como mínimo, o 60% das actividades propostas.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema previsto para a primeira oportunidade. Deberá realizar aquelas actividades non entregadas na primeira convocatoria, ou que non obtiveron como mínimo o 40% da nota máxima de cada actividade. A data de entrega das actividades será anunciada polo profesor con antecedencia suficiente.
O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á prevista para a presentación oral na primeira convocatoria.
Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.