Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución aos Estudos Literarios
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución aos Estudos Literarios Código 613G01005
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Paz Gago, Jose Maria
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
jose.maria.paz.gago@udc.es
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Conceptos básicos no estudo da literatura: xéneros, movementos e técnicas de análise literaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non será necesaria modificación algunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesións maxistrais, Lecturas e Recensións bibliográficas. As tres, avaliables. Todas as actividades tuteladas desde a aula reciben o nome de Obradoiro (avaliable) e inclúen diversas metodoloxías indicadas na guía docente, tales como Análise de fontes documentais, Resumos, Esquemas, Aprendizaxe colaborativa e Prácticas a través de TIC. *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación oral de traballos e Proba mixta. Como metodoloxías avaliables, serán substituídas por traballos tutelados escritos, que os estudantes entregarán a través do correo electrónico ou das canles electrónicas dispoñibles, como Teams, Moodle, etc. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente para realizar consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente, de acordo coa necesidade do alumnado. Disponse de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as actividades de obradoiro, lecturas, recensións ou traballos tutelados. Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación A presentación oral de traballos (10% da nota) e a proba mixta (50% da nota) serán substituídas por traballos tutelados escritos (que suporán o 60% da nota ou, no caso de non existir avaliación continua, o 100%). Enténdese por avaliación continua: a participación na Sesión maxistral (5% da nota) e as actividades na aula que se especifican na Metodoloxía (35%). Ata onde sexa posible, as actividades realizadas ata o momento de entrada en vixencia do plan de continxencia serán tidas en conta a efectos de avaliación continua. En relación cos traballos tutelados valorarase: 1. O tratamento axeitado dos contidos do curso 2. A habilidade para o comentario literario. 3. A utilización de fontes documentais da bibliografía e webgrafía da materia, así como doutros recursos, aos que en todo momento o estudante fará referencia. 4. A competencia lingüística suficiente para unha redacción apropiada. *Observacións de avaliación: Seguirán sendo válidas as indicadas na guía docente, pero aplicadas aos cambios explicados no apartado anterior. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se requiren modificacións neste punto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes