Análise de fontes documentais |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
Un 50% da calificación final resultará de tres actividades de análise e comentario de textos propostas as estudantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudantes. Estas tres actividades serán as seguintes:
- exercicio de comentario morfolóxico: 10%
- exercicio de análise morfosintáctico e tradución: 20%
- exercicio de comentario literario: 20% |
50 |
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes.
De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.
A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura.
|