Só se aceptarán traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero.
Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo) manterase a cualificación acadada na participación; os estudantes que suspenderen a proba mixta (30%) deberán repetila no lugar e hora fixados polo Centro; os estudantes que suspenderen o traballo tutelado (60%), deberán repetilo corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas pola profesora; A data
de entrega do trabajo tutelado será o mesmo día que a fixada oficialmente para
o exame.
MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao exame.
Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán as seguintes probas: proba mixta (50%) e traballo tutelado (50%). Se abitrarán de acuerdo con el alumno todas las medidas de atención necesarias.
Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de
tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba
ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas
probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de
plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.