Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodologías docentes que se modifican
De non poderse producir a desexable presencialidade, e dacordo coa experiencia do curso 2019-2020, é posible recurrir con relativa facilidade á docencia non presencial mediante Teams, Zoom ou outra plataforma similar, en especial para as horas expositivas. Máis complicado pode chegar a ser conectar co alumnado no caso de horas consagradas a aspectos prácticos, pois nese caso a docencia debería ser en directo, non mediante grabación: doutro modo non sería posible interactuar co alumnado de forma similar á "vella normalidade" (naturalmente, non se pode descartar que se combine a docencia presencial con grupos reducidos e a docencia non presencial para las clases expositivas máis numerosas).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Nesta materia, xa se dispuxo da posibilidade de atención individualizada por medio de videoconferencia, polo que non cambia a situación.
4. Modificacións na avaliación
Non serían precisas, mesmo no caso de ter que acudir á docencia mediante Teams. Deberá manterse no posible a valoración do traballo ind¡vidual do alumno dentro da aula e, desde logo, conceder ao traballo escrito polo estudante a porcentaje da puntuación que se lle asigna na guía. Deberá procurarse que o exame, para ter un mínimo rigor, se realice de forma presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca.
|