1) Na 1º oportunidade realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo polo estudante durante o curso (o calendario de presentación de traballos será explicado polo docente ao inicio do curso). Dun deses traballos farase unha presentación oral na aula durante o curso.
Nesta 1º oportunidade, será considerado NP o/a alumno/a que non se presente á proba mixta, aínda que teña realizado os
traballos prácticos durante o curso.
2) Na 2º oportunidade realizarase un exame que constará dunha parte teórica e outra práctica.
3) O/a estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).
4) O/a estudante deberá obter unha nota mínima de 4 na proba mixta para poder facer a media coa parte práctica do curso.
5) Repetidores/as ou alumnos/as con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do/a estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.
6) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.
Os traballos nos que o alumnado plaxie serán penalizados cunha nota de 0,00. O docente ten á súa disposición a aplicación informática da UDC para a detección de plaxios.