Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo aplicado de aspectos gramaticais, especialmente fonéticos e pragmáticos, con incidencia na comunicación oral da lingua galega.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Obradoiro, Traballo tutelado, Presentación oral, Lecturas, Proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral, que se substitúe polo envío a cada alumna e alumno dun texto explicativo e/ou powerpoint de cada un dos temas do programa non expostos na aula.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías de atendemento ao alumnado desenvolveranse mediante o correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
As actividades de Obradoiro realizaranse e avaliaranse a través do correo electrónico. O Traballo tutelado entregarase a través do correo electrónico na data sinalada. A Presentación oral levarase a cabo mediante a gravación dun vídeo que será enviado por correo electrónico; terá unha duración aproximada de 15 minutos. As Lecturas avaliaranse mediante as recensións escritas que o profesor irá pedindo por correo electrónico. A Proba mixta levarase a cabo de maneira asíncrona a través do envío das preguntas ao alumnado por correo electrónico tres días antes da data oficial da proba; as respostas entregaranse telematicamente este mesmo día.
*Observacións de avaliación:
Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías