Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Cuarto
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento na que a información e a comunicación constitúen un papel fundamental.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC (computa na avaliación)
Traballos tutelados (computa na avaliación)
Obradoiro (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral, o obradoiro e a supervisión dos traballoos tutelados realizarase en TEAMS
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e das prácticas.
Moodle: Semanalmente. Subirase material de apoio así como as actividades vinculadas a cada tema. Tamén utilizaranse os foros de actividades para apoiar os traballos tutelados.
Teams: 1 sesión semanal para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Así mesmo poderase programar sesións para titorías personalizadas.
4. Modificacións na avaliación
Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
Traballos tutelados: 85%
Prácticas a través das TIC: 7,5%
Obradoiro: 7,5%
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo da asistencia que só se realizará ata no momento que se suspenda a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías