- O alumnado coñecerá os diversos estándares internacionais de Historia Clínica Electrónica (ISO 13606, Open EHR, HL7).
- O alumnado coñecerá a problemática e os principais sistemas de receita electrónica e terá a capacidade para entender, comparar e valorar sistemas electrónicos de información clínica.
- O alumnado coñecerá as aproximacións aos sistemas de información clínica realizados desde tecnoloxías semánticas (ontoloxías, terminoloxías) e terá a capacidade de deseñar, avaliar, comparar e criticar ontoloxías de ámbito biomédico.
Plan de continxencia
1. MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS:
Non hai modificacións nos contidos.
2. METODOLOXÍAS:
*METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN:
Mudan todas para pasar a se desenvolver a través de Teams, tal e como se explica no apartado a seguir.
*METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN:
As Sesións maxistrais e Seminarios impartiranse de forma presencial en Teams, en vez de na aula física, no mesmo horario. A exposición de traballos realizarase tamén a través de Teams.
3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO:
Mantéñense as Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Desenvolveranse a través de Teams, preferentemente, mais tamén por Moodle, teléfono e email.
4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN:
A exposición de traballos realizarase tamén a través de Teams.
*OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:
Mantense o requisito de ter que acadar o 50% da cualificación máxima do traballo.
5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA:
Non hai modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías