Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Forense de Equipos Código 614530012
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Vázquez Naya, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral A análise forense de equipos consiste na aplicación de técnicas científicas e analíticas para identificar, preservar, analizar e presentar datos que sexan válidos dentro dun proceso legal. A materia "Análise Forense de Equipos" ten unha forte compoñente práctica. Comezarase con unha introdución a este campo, explicando conceptos clave. A continuación, estudiaranse fundamentos e metodoloxías de análise forense dende un punto de vista xenérico e aplicable a novos casos, pero tamén se estudiarán exemplos concretos baseados en casos reais. Nas prácticas de laboratorio, o/a alumno/a aprenderá a manexar diferentes ferramentas de análise forense e realizará prácticas simulando problemas reais.
Plan de continxencia Plan de continxencia A: confinamento total ou parcial de estudantes e/ou profesores 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Mantéñense as metodoloxías docentes, coa excepción de que en lugar de realizarse de maneira presencial na aula, realizaranse coa axuda de ferramentas TIC, como se explica a continuación. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: impartirase a través de videoconferencia. - Prácticas de laboratorio: Tanto a docencia, coma a defensa das prácticas, cando proceda, realizaranse a través de videoconferencia. - Proba obxectiva: realizarase a través de Moodle (faitic), en combinación con videoconferencia. - Exame de prácticas (segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria): realizarase a través de videoconferencia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle (faitic): Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Teams/Campusremoto: Durante as horas programadas de teoría e práctica. Tamén baixo demanda, para resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A maiores: - No caso de que non poidan realizarse presencialmente, levaranse a cabo segundo o indicado no apartado de "Metodoloxías". - Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese realizar o exame final (proba obxectiva) no momento establecido, o exame pasará a realizarse a maior brevidade posible, pasando a ser unha proba oral por videoconferencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha. Plan de continxencia B: número de estudantes exceda o aforo da aula 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Mantéñense as metodoloxías docentes, coa excepción de que ademais de realizarse de maneira presencial, realizaranse coa axuda de ferramentas TIC, como se explica a continuación *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: estableceranse dous grupos, que asistirán presencialmente semanas alternas. Empregarase videoconferencia, para que poidan acceder ás sesións os alumnos do grupo ao que non lle toca asistir presencialmente. - Prácticas de laboratorio: estableceranse dous grupos, que asistirán presencialmente semanas alternas. Empregarase videoconferencia, para que poidan acceder ás sesións os alumnos do grupo ao que non lle toca asistir presencialmente. Estableceranse quendas para a defensa das prácticas, cando proceda. - Proba obxectiva: buscarase unha aula alternativa, con aforo suficiente. - Exame de prácticas (segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria): estableceranse quendas para a súa realización. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle (faitic): Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Teams/Campusremoto: Durante as horas programadas de teoría e práctica. Tamén baixo demanda, para resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A maiores: - No caso de que non poidan realizarse presencialmente, levaranse a cabo segundo o indicado no apartado de "Metodoloxías". - Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese realizar o exame final (proba obxectiva) no momento establecido, o exame pasará a realizarse a maior brevidade posible, pasando a ser unha proba oral por videoconferencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes