Instrumentación e Procesamento para Aplicacións Biomédicas
Datos Identificativos
2020/21
Asignatura (*)
Instrumentación e Procesamento para Aplicacións Biomédicas
Código
614535012
Titulación
Máster Universitario en Visión por Computador
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Inglés
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Novo Bujan, Jorge
Correo electrónico
j.novo@udc.es
Profesorado
Novo Bujan, Jorge
Ortega Hortas, Marcos
Correo electrónico
j.novo@udc.es
m.ortega@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
O ensino será telemático e as clases desenvolveranse de maneira síncrona no horario oficial de clases. Pode ser que, por razóns subrevenidas, algunhas das clases sexan realizadas de forma asíncrona, o que se comunicará ao alumnado con anticipación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías serán telemáticas e requirirán cita previa.
4. Modificacións na avaliación
As actividades de avaliación que non se poidan levar a cabo en persoa, se non poden posporse, levaranse a cabo telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso, requirirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado teña un dispositivo cun micrófono e unha cámara, mentres non se dispoña dun software de avaliación adecuado. Pódese chamar a cada estudante para unha entrevista para comentar ou explicar parte ou a totalidade da proba. A duración das actividades telemáticas será dun máximo de 1 hora nas probas de avaliación continua e de 2 horas no caso dun exame final.
NOTA: Nestes escenarios, pode cambiar o tipo de actividades que se realizarán ou a modalidade, pero non a súa contribución xeral á cualificación final (a porcentaxe de ponderación).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías