Esta materia inclúe conceptos básicos sobre os elementos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos computadores.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral: estas sesións pasarán a ser por videoconferencia a través da aplicación Teams e serán gravadas.
-Prácticas de laboratorio: os alumnos realizarán as prácticas propostas nos seus computadores e serán titorizados e avalilados en sesións en liña realizadas a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Solución de problemas: utilizarase docencia inversa, propoñendo aos alumnos a realización de exercicios previamente a unha sesión grupal de titorización realizada a través de Teams. Como apoio os alumnos disporán de vídeos explicativos de varios dos problemas propostos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas e solicitar reunións de titorías.
- Moodle: diariamente. Ademais das mesmas funcións que o correo electrónico tamén se utilizará para comunicar información e enviar avisos.
- Teams: dúas sesións semanais nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e outra sesión adicional para prácticas ou resolución de problemas. Tamén para facer titorías individuais a petición do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica a avaliación, agás substituíndo as probas presenciais por probas en liña.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. Os alumnos dispoñen de toda a documentación necesaria no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías