Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Álxebra
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Álxebra Código 614G01010
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.vieites@udc.es
Profesorado
Aguado Martin, Maria Felicidad
Barja Pérez, José María
Costoya Ramos, Maria Cristina
Doncel Juarez, Jose Luis
Perez Vega, Gilberto
Souto Salorio, Maria Jose
Suárez Canedo, Emilio José
Vidal Martin, Concepcion
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
felicidad.aguado@udc.es
j.m.barja@udc.es
cristina.costoya@udc.es
jose.luis.doncel@udc.es
gilberto.pvega@udc.es
maria.souto.salorio@udc.es
emilio.scanedo@udc.es
concepcion.vidalm@udc.es
ana.vieites@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Álxebra é unha materia correspondente ó segundo cuadrimestre do primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Informática. Pertence ó módulo de Formación Básica na rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nesta materia débense adquirir os hábitos de abstracción e rigor necesarios no ámbito profesional dun informático. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenrolo doutras materias máis especificas da titulación; por exemplo, Computación Gráfica, Visión Artificial, Lexislación e Seguridade Informática, Procesamento dixital da Información, Redes. O carácter dos estudos e as necesidades de formación dos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática aconsella un enfoque computacional da álxebra, por iso, porase especial énfase nos conceptos de álxebra que se empregan en teoría de computación, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non se modificarán a non ser que, por motivos de falta de tempo, estos teñan que ser reducidos; neste caso os alumnos serán informados a través das plataformas oficiais (Moodle, Teams). 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: A través das plataformas virtuais da Universidade, o alumno segue a recibir as notas elaboradas para as clases teóricas presenciais de cada tema. Prácticas de laboratorio: A través das plataformas virtuais da Universidade, o alumno dispón dos boletíns de exercicios propostos que inclúen as solucións. Aprendizaxe colaborativa: debido á falta da presencialidade, o alumno pode formular as súas dúbidas ó profesor sobre os conceptos e exercicios, a través das plataformas oficiais. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: Nos grupos de docencia presencial, pasan a combinarse as clases asíncronas (vía Moodle o alumno ten acceso a vídeos explicativos sobre os conceptos máis complicados da materia, seguidos de boletíns complementarios de exercicios onde o alumno traballa exemplos similares ós dos boletíns) e clases síncronas (a través da plataforma Teams; proporcionándose, ó final de cada sesión o contenido das mesas). Proba obxectiva: Aínda que se mantén, elimínase a puntuación mínima e realizarase a través das plataformas virtuais oficiais da Universidade. Toda vez que esta proba constitúe o 80% da nota, se as condicións o permiten, dividirase o contido da materia impartida en dúas partes e farase unha proba de cada unha delas (a segunda delas farase na data destinada á proba final). Prácticas de laboratorio: As clases prácticas son síncronas e asíncronas a través da plataforma Teams. Os alumnos terán acceso ós boletíns de exercicios correspondentes. Nos boletíns propostos incluiránse tódalas solucións detalladas. 3. Mecanismos de atención personalizada ó alumnado Cada grupo de prácticas terá atención semanal a través da plataforma virtual Teams. Asemesmo o profesor poderá programar sesións de titorías cos alumnos de cara á resolver dúbidas de carácter individual. 4. Modificacións na avaliación: A avaliación pasa a ser sumativa e sen mínimos. *Observacións de avaliación. Non se pide mínimo en ningunha das metodoloxías para aprobar a asignatura pois trátase dunha avaliación sumativa Na primeira oportunidade, cada unha das probas nas que se divide o total da materia, terá un valor do 40%. Para aprobar a materia o alumno deberá obter 5 puntos ou mais como nota total. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, terán que presentarse a unha única proba para recuperar a porcentaxe da nota final correspondente à proba final presencial (80%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica porque existen versións pdf on line, aínda que sexan edicións anteriores ás que aparecen na bibliografía, da maioría das obras que forman a bibliografía básica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes