A materia de Algoritmos permite ao estudante de Enxeñería informática profundizar nas técnicas de deseño dos algoritmos tendo en conta factores cualitativos e cuantitativos na avaliación dos mesmos. Dunha parte completa a formación na elaboración de programas eficientes e correctamente estructurados, e doutra parte permite abordar as técnicas de deseño máis utilizadas na resolución dos problemas que pode encontrar o enxeñeiro.
É de destacar que a realización de experimentos de medición de tempos de execución sobre os distintos algoritmos analizados achega un enfoque empírico que adoita ser moi valorado polo estudante, que pode así constatar a interpretación concreta das complexidades atopadas. As dificultades plantexadas por algúns casos estudados permiten unha reflexión complementaria sobre aspectos como a xestión de recursos informáticos, detalles de execución de procesos, arquitecturas e sistemas operativos utilizados, etc.
Tamén é destacable o estudo e análise dun conxunto importante de algoritmos fundamentais, cubrindo un amplo espectro de técnicas algorítmicas e de as súas aplicacións. A posibilidade de usar distintas técnicas na resolución dalgúns problemas leva naturalmente a pensar nas vantaxes e inconvintes das distintas estratexias, e na necesidade de saber elixir a que mellor se adapta a cada situación.
Por último é importante profundizar no rigor necesario para desenvolver non só solucións que se adapten a unhas especificacións dadas, sino ademáis que o fagan de modo eficiente dende o punto de vista dos recursos informáticos necesarios. Resulta fundamental a ilustración mediante varios casos prácticos nos que a existencia de algoritmos eficientes coñecidos leva a desechar os deseños alternativos por moi naturais que podan resultar a primeira vista.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: Realizarase de forma non presencial, a través de Teams e/ou de vídeos gravados
Proba de resposta breve: Realizarase de forma non presencial, a través de Teams e Moodle.
Prácticas de laboratorio: Realizarase de forma non presencial, usando Teams. Recomendase unha configuración do portatil con linux, gcc e svn.
Solución de problemas: Realizarase de forma non presencial, usando Teams e Moodle
Proba obxectiva: Realizarase de forma non presencial, usando Teams e Moodle, ademáis da configuración recomendada do portatil con linux, gcc e svn para a parte práctica.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: diariamente, para facer consultas.
Moodle: diariamente, para acceder aos materiais de clase, consultar o calendario ou facer uso dos foros.
Teams: durante as horas de teoría, TGR ou práctica previstas no horario da asignatura; titorías en grupo sobre a teoría (2h por semana) e sobre as prácticas (2h por semana); no que respecta ás titorías individuais, fora das horas de clase a atención manténse nos horarios de titorías previa solicitude a través do correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Todas as probas (avaliación continua e proba obxectiva) son en modalidade non presencial.
*Observacións de avaliación:
Mantense as previsións da guía docente.
Ofrecerase unha data alternativa aos estudantes que tiveran problemas loxísticos no momento das probas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías