Sesión maxistral |
Os contidos fundamentais da materia serán expostos en clases teóricas, que consistirán na exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumo.
Dado que a docencia da materia será virtual, as clases maxistrais serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle). |
Solución de problemas |
Resolveranse diferentes problemas a partir dun enunciado inicial. Discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre es estudantes.
Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de resolución de problemas serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle). |
Prácticas de laboratorio |
O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.
Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de prácticas de laboratorio serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle). |
Traballos tutelados |
Proporanse traballos que, co apropiado asesoramento dos docentes, o estudantado terá que levar a cabo pola súa conta. |