Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  Discrete Mathematics
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Laboratory practice A1 A2 B5 C1 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada.

Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas.
30
Objective test A1 A2 B1 B3 B6 B8 C1 Ao longo do cuadrimestre, farase una proba
mediante a plataforma Moodle (M). A proba constará de preguntas de tipo teórico e problemas similares aos feitos na aula. Abordará os contidos e resultados do temario vistos ata ese momento do curso. O resultado deste cuestionario (M) contribuirá nun 20% á calificación total.

Ao final do curso farase unha proba escrita(E). Esta proba incluirá:
- Preguntas curtas que permiten valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade similar aos feitos en clase e os presentados nas coleccións de exercicios propostos.
Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

O resultado desta proba (E) contribuirá nun 50% á calificación total.

A calificación total do alumno será a suma (S) das notas de prácticas (P), o cuestionario de Moodle (M) e a proba escrita final (E). Para que o alumno supere a materia será necesario que o valor de S sexa maior o igual que 5 e que o valor de E sexa maior o igual que 2.

A presentación á proba final do curso supón que o alumno completou o proceso de avaliación continua.

Os alumnos que non superen a primeira oportunidade, terán que presentarse a unha soa proba para recupera-lo porcentaxe da nota final correspondente á suma das probas realizadas (70%). Nesta proba deberán obter unha calificación mínima de 2,8 que sumárase á nota de prácticas. O alumno supera a materia cando esta suma sexa maior o igual que 5.
70
 
Assessment comments
The evaluation of the laboratory practices of students with part-time enrollment can be made by attending, as far as possible, to their particular circumstances.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes