Esta materia pretende dar a coñecer os fundamentos da arquitectura dun computador, o seu funcionamento básico, como é a súa programación en linguaxe ensamblador e como son e como funcionan os subsistemas de memoria e E/S. Ademais se mostrarán a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Solución de problemas: as sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams.
- Prácticas de laboratorio: os estudantes realizarán as prácticas propostas nos seus computadores e serán titorizados e avaliados por videoconferencia usando Teams.
- Sesión maxistral: as sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams e serán gravadas.
- Proba obxectiva: será unha proba en liña utilizando o Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas e solicitar reunións de titorías.
- Moodle: diariamente. Ademais das mesmas funcións que o correo electrónico tamén se utilizará para comunicar información e enviar avisos.
- Teams: dúas sesións semanais nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e outra sesión adicional para prácticas ou resolución de problemas. Tamén para facer titorías individuais a petición do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
As probas presenciais substituiranse por probas en liña.
O exame final só avaliará o contido da materia non tratado nos controis parciais.
As porcentaxes da avaliación serán: 30% prácticas de laboratorio, 50% controis parciais e 20% exame final.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. Os alumnos dispoñen de toda a documentación necesaria no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías