O Cálculo Multivariable e os seus métodos de resolución son ferramentas básicas para a descrición e o estudo dos problemas matemáticos máis simples que se poden enunciar tanto en dúas como en tres dimensións: no ámbito da arquitectura, a enxeñaría ou nas ciencias aplicadas. Nesta materia farase unha introdución á resolución de problemas de optimización (cálculo de extremos relativos e absolutos de funcións de varias variables reais) e estudaranse distintos procedementos para o cálculo de integrais escalares de funcións de varias variables (integrais dobres e triples). Ademais, describiranse as nocións máis básicas das integrais de liña e de superficie.
Plan de continxencia
1. Modificacións dos contidos.
O contido non se modifica.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías de ensino que se manteñen
Tanto as sesións expositivas, como as sesións de resolución de problemas e as prácticas informáticas, manteranse no seu horario regular de xeito sincrónico usando o sistema de videoconferencia do grupo Microsoft Teams.
* Cambio de metodoloxías de ensino
As titorías presenciais e a atención personalizada presencial modificaranse e realizaranse de xeito asíncrono usando o "chat" da plataforma Microsoft Teams. Finalmente, tamén se realizarán titorías de pequenos grupos co sistema de videoconferencia de Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes.
* Videoconferencia en Microsoft Teams: sesións expositivas, resolución de problemas e prácticas informáticas de xeito síncrono
* Videoconferencia en Microsoft Teams: de forma síncrona mediante titorías individuais / de grupo
* Chat persoal por Microsoft Teams: titorías individuais ou de grupo de forma asíncrona
4. Modificacións na avaliación.
A avaliación non cambia.
* Comentarios de avaliación:
Tanto a primeira como a segunda oportunidade terán a mesma forma de avaliación. No caso de realizar a proba final de xeito non presencial, todas as preguntas serán respondidas por escrito (enviando unha foto ou copia dixitalizada dos cálculos feitos) e tamén de forma oral (envío dun breve vídeo que describa os cálculos realizados). A valoración de cada pregunta terá en conta a combinación de respostas escritas e orais.
5. Modificacións da bibliografía ou webografía.
Non se modifican a bibliografía e os materiais de uso que estarán dispoñibles nos equipos Microsoft.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías