Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Planning and management of destinations and touristic products of congress and conventions | Code | 615524013 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Optional | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Workbook | Facilitaranse como máximo aos alumnos da modalidade presencial e online dous textos ou lecturas de carácter obrigatorio como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán. As lecturas deberán ser desenvolvidas tanto polos alumnos da modalidade presencial coma polos da online. Estas consideraranse na avaliación final da materia, polo que é importante que todos os alumnos as entreguen. |
Supervised projects | Para o caso de modalidade presencial: Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán crearse entre dous e tres grupos de traballo. Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento do labor levado a cabo polos diferentes grupos. Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas. Para o caso de modalidade non presencial/online: A elaboración do traballo será individual, salvo que alguén desexe formar grupos virtuais con outros alumnos da súa mesma modalidade, o cal deberá comunicalo coa suficiente antelación á profesora. Para os alumnos desta modalidade o traballo terá o mesmo contido que no caso da modalidade presencial. Os alumnos non presenciais tamén serán tutorizados de forma continua e farase un seguimento do seu traballo de forma individual ou colectiva, segundo sexa o caso. Estos alumnos tamén deberán expoñer o seu traballo diante da profesora utilizando para iso os medios audiovisuais que sexan posibles e esteñan ao se alcance. Neste caso concertarase un día nas datas establecidas para a exposición dos seus traballos a cal se fará de forma virtual, preferiblemente a través de Teams. |
Oral presentation | No caso da modalidades presencial e non presencial, os diferentes membros do grupo, ou os alumnos de forma individualizada deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final. |
Guest lecture / keynote speech | Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe. Todos os estudantes, tanto os da modalidade presencial como os da online, terán acceso a este material a través da plataforma moodle. No caso dos estudantes da modalidade online poderanse crear foros virtuais, a través da plataforma moodle, para manter discusións e debates sobre temas de interese relacionados coa materia. A asistencia a clase para estudantes da modalidade presencial e a participación nos foros virtuais para os da online será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final. Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos. Esta saída está aberta aos estudantes de ambas modalidades polo que ten carácter optativo. |
|