Para poder superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% do total dos puntos correspondentes ás actividades de avaliación.
Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimiento da asignatura (presencial ou non-presencial) serán iguais.
Tal e como se indica no apartado de "Metodoloxías", os/as estudantes que cursen a modalidade non-presencial deste Mestrado terán titorías coa(s) profesora(s) ben vía correo electrónico, ben mediante o Foro virtual, ou –de ser posíbel– a través dun medio como "Teams" que permita conversar cara a cara durante unha das titorías. Así mesmo, garantiranse mecanismos que permitan que este alumnado se identifíque ante o profesorado e que realice a súa "presentación oral" (participación nas actividades de aprendizaxe) aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.
De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin de aula, nin de Teams, nin no Foro de Moodle) realizará o traballo tutelado, que lle valerá o 75% da cualificación final, así como unha pequena proba oral que lle valerá o 25% da cualificación final. A proba realizarase telematicamente ou por teléfono, en formato de entrevista que durará uns 30 minutos, aproximadamente. Como alternativa á proba oral, a/o estudante en cuestión pode optar por realizar unha proba escrita de desenvolvemento, con material, cun límite de dúas horas para a súa realización por Teams.