Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Segundo
Optativa
6
Idioma
Inglés
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Saúde Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Rodríguez Barcón, Alberto
Correo electrónico
natalia.rivas.quarneti@udc.es
alberto.barcon
Web
Descrición xeral
Nesta materia explóranse os vínculos teóricos entre a historia e a socioloxía das migracións. O obxectivo principal é aportar ó alumnado un marco teórico e conceptual aplicado ó campo das migracións internacionais. O curso contempla unha parte práctica que se baseará no coñecemento de diferentes metodoloxías cualitativas e a súa aplicación a casos de analise de realidades presentes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías adaptaranse á ao cumprimento, por parte do alumnado, da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as saídas de campo desenvolveranse na contorna próxima de forma supervisada e/ou titorizada polo profesorado da materia e o resto de metodoloxías empregando a ferramenta Teams e/ou a plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
– Teams: para a titorización e seguimento do traballo global desenvolvido na materia e específicamente para os traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación non sufrirá cambios cuantitativos: Sesión maxistral (15%), Obradoiro (30%), traballos tutelados (55%). Poden modificarse as entregas grupais por individuais ante unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde, e co fin de facilitar o proceso de aprendizaxe ao alumnado.
*Observacións de avaliación:
Todas as metodoloxias da avaliación deben superarse para aprobar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías