Traballos tutelados |
B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 |
Valorarase o dominio que demostre o alumnado en cada unha das fases do proceso de investigación. Valorarase, sobre todo, a autonomía manifestada polos alumnos, que demostre a capacidade que terán no futuro cando teñan que facer unha investigación. |
60 |
Para poder aprobar a materia o alumno necesita ter un mínimo de 5 puntos sumando o traballo (máximo 6 puntos) e a proba obxectiva (polo que se poden ter un máximo de 4 puntos).
No traballo valorarase:
- A entrega dos nomes dos membros do equipo e o título do artigo a analizar na data indicada.
- A claridade e precisión de cada un dos apartados do traballo. Non se trata de reescribir o artigo, senón de analizar cada apartado con precisión a partir da explicación de dito apartado dada nas clases.
- O profesor entregará un esquema das partes do traballo a realizar, que será diferente se un traballo se realiza con metodoloxía cualitativa ou cuantitativa
- A entrega do traballo na data indicada. Se non se entrega nesa data, o estudante terá que pesentarse na seguinte convocatoria.
|