Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Metodoloxía da investigación por enquisas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da investigación por enquisas | Código | 615G01303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A15 A16 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 B13 B17 B18 B27 C4 | O proxecto de investigación en grupo contribuirá ao 40% da nota final. Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo. O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital. |
40 |
Prácticas de laboratorio | A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B7 B12 B23 B25 C3 | Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas prácticas que se propoñan. Os/as estudantes deberán entregar un mínimo de dúas das prácticas realizadas no laboratorio para a súa avaliación. A asistencia e participación do estudantado e a entrega das prácticas contribuirá ao 10% da nota final. Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo. As prácticas solicitaranse en formato dixital. |
10 |
Sesión maxistral | A5 A7 A13 A16 A20 A21 A26 A27 A34 C4 C6 C8 | Valorarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación nos debates que se propoñan na aula. A asistencia e participación nas clases maxistrais do estudantado contribuirá ao 10% da nota final. |
10 |
Presentación oral | A15 A24 B6 B12 B13 C1 | A presentación oral do traballo de investigación contribuirá ao 10% da nota final. | 10 |
Proba obxectiva | A7 A14 B3 B5 B21 | Realizarase unha proba obxectiva que contribuirá ao 30% da nota final. | 30 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de avaliación que se prantexa é de avaliación continua, no que cada unha das partes ten un peso específico para o cómputo da nota final da materia. Se un/ha alumno/a non presentase a calquera dos seguintes elementos de avaliación tería como nota na avaliación continua un "non presentado": - prácticas de laboratorio - proxecto de investigación - presentación oral - ou proba obxectiva No caso de que a nota na avaliación continua sexa un "non presentado" ou que non se obteñan os mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua (é dicir que non se supere o 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación), os estudantes poderán presentarse a unha proba obxectiva única que comprenderá toda a materia. Esa proba obxectiva constará de preguntas curtas e/ou de resposta múltiple e de exercicios prácticos. A proba obxectiva única farase nas datas que estableza o centro nos calendarios oficiais de exames. O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba obxectiva única. |
|