Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
Grao en Socioloxia |
Subjects |
Public Policy Analysis |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Public Policy Analysis | Code | 615G01401 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Fourth | Optional | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Objective test | A24 | Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito unha serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia. | 50 |
Guest lecture / keynote speech | A24 | Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos estudantes ás clases. | 10 |
Supervised projects | A17 A18 A32 B5 B21 B24 | Cada estudante deberá presentar por escrito ao final do período lectivo da materia un breve traballo de investigación que conteña os resultados da análise da política pública seleccionada. | 40 |
Assessment comments | |||
OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO
Outros asuntos relevantes relacionados coa avaliación da materia son os seguintes. 1º) Para superar esta materia, tanto na convocatoria de 1ª como na de 2ª oportunidade, é necesario alcanzar 5 puntos dos cales 2, como mínimo, han de obterse no exame. 2º) Aqueles estudantes que non superen a materia na convocatoria de 1ª oportunidade poden volver presentarse (ou presentarse por vez primeira) á convocatoria de 2ª oportunidade e entregar, se non o fixeron, o traballo correspondente, pero non poderán repetir o traballo entre ambas as dúas convocatorias. Só se o estudante tampouco supera a materia na 2ª oportunidade, poderá repetir o traballo e presentalo o día da seguinte convocatoria á que se presente. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio. 3º) As notas de traballos e asistencia gárdanse dunha convocatoria para outra. OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL Para aqueles estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade: 1º)Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase co mesmo Manual que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%. 2º)Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. O devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coa profesora na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio. 3º)Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os estudantes nesta situación PÓÑANSE EN CONTACTO COA PROFESORA DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado o devandito prazo. |
|