A materia de Relacións grupais e Intervención psicosocial pretende familiarizar ao alumno no coñecemento e manexo das ferramentas teóricas e metodolóxicas da Psicoloxía grupal e da intervención psicosocial en situacións conflitivas ou de necesidade. Neste sentido fíxanse como objetivosl introducilo no coñecemento dos temas de estudo e investigación e das áreas de intervención no comportamento grupal; familiarizalo co estudo da interacción social e as relacións humanas a través das condutas concretas que realizan as persoas tanto individualmente como en grupo.
Preténdese tamén analizar os contextos reais e simbólicos nos que se desenvolve a conduta grupal prestando atención aos procesos de percepción, atribución, actitudes, comportamentos e representacións resultantes, principalmente nunha sociedade aberta, multicultural e multilinguistica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas:
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral presencial será realizada a través de Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: segundo a necesidade do alumnado, para resolver dúbidas
Moodle: segundo a necesidade do alumnado
Teams, sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teórico e dos traballos tutelados, así como dos estados de casos
4. Modificacións na avaliación
Non haberá modificacións na avaliación. Agás na presentación oral que poderá ser substituída por unha presentación asíncrona
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiales de traballo de manera dixitalizada
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías