As proxeccións demográficas poden tomarse como un "laboratorio" no que poden poñerse a proba hipótese de crecemento de poboacións concretas. A través desta materia o alumno aprenderá a realizar proxeccións de poboación, empregando unha metodoloxía consistente en proxectar por separado cada unha das variables que inciden no crecemento da poboación e, a continuación, aplicar os resultados desas proxeccións a unha poboación inicial, para observar os seus efectos na evolución futura do seu volume e da súa composición por sexo e idade.
O obxectivo da materia é lograr que os estudantes aprendan a facer análises proyectivos, mediante o establecemento de hipóteses razoadas sobre a evolución da natalidade, a mortalidade e as migracións. Os resultados permitirán aos alumnos avaliar o alcance de cambios no comportamento demográfico da poboación así como analizar as medidas de políticas sociais que están vinculadas a estes cambios.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesións maxistrais
- Lecturas
- Prácticas a través de TIC
- Portafolios do estudantado
*Metodoloxías docentes que se modifican
- A presentación de lecturas (voluntaria) realizarase de maneira virtual.
- De ser necesario, a proba obxectiva substituirase por un traballo tutelado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente, para consultas, dúbidas e seguimento dos elementos de avaliación.
- Moodle: diariamente, para seguimento da materia.
- Teams: 1 sesión de clase maxistral/clase práctica á semana. 1 titoría grupal á semana.
4. Modificacións na avaliación
De ser necesario, a presentación de lecturas (voluntaria) se realizaría de maneira virtual e a proba obxectiva se substituiría por un traballo tutelado.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Toda a bibliografía estará dispoñible de maneira dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías