Estudiarase a evolución do cinema e da animación dende as súa orixe ata hoxe en día. Dende unha perspectiva diacrónica os alumnos analizarán a progresión do cine tanto a nivel mundial, como español e galego. Este estudo farase visionando os principais filmes da historia do cinema e situándoos no seu contexto. O obxectivo é dotar aos alumnos dunha cultura audiovisual básica para os estudos posteriores.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral síncrona ou asíncrona, análisis de fontes documentais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral síncrona ou asíncrona, análisis de fontes documentais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Videoconferencias a través de Teams, Moodle e correo electrónico
4. Modificacións na avaliación
Non hai.
*Observacións de avaliación:
1.- Anúlanse os criterios de presencialidade das clases prácticas aplicados durante a etapa anterior ó confinamento.
2.- Os alumnos que non asistisen a clase poderán a superar á asignatura realizando un traballo individual que aborde tódolos contidos recollidos na Guía Docente
3.- No caso de problemas de conexión, conectividade telemática ou de acceso ao ordenador o día da entrega ou celebración das probas de avaliación, buscaranse alternativas con estes/as
estudantes con posibilidade de realizar esta/s proba/s en distintos horarios ou en distinta modalidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Facilitaranse fontes bibliográficas ou audiovisuaies online e enlaces web para a realización dos traballos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías