Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Profesorado
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia pertenece ao modulo "Materias básicas da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas".
Ten como obxetivo introducir aos alumnos no ámbito da Socioloxía do Deporte, para conquerir que sexan capaces de observar, identificar e aplicar na súa actividade profesional á perspectiva sociolóxica.
Considerando que non existen outros créditos adicados aos coñecementos da Socioloxía Xeral, é necesario introducir de forma sintética as correntes de pensamento da Socioloxía e os conceptos fundamentais que forman parte do proceso de socialización que se da na sociedade e no deporte. Neste sentido, a primeira orientación do programa é macrosociolóxica, pero tamén se considera o individuo e as súas interaccións dende a perspectiva micro, polo tanto recolle posturas integradoras macro-micro.
O descriptor de contido do modulo co que se relaciona a materia, que figura no documento de Grado, é o seguinte: "Bases e perspectiva sociolóxica para a análise socio-cultural da Actividade Física e o Deporte: o deporte como feito social. Cultura deportiva e proceso de socialización: cultura de modernidade e postmodernidade (valores de postmodernidade de resistencia. Postmodernidade de decadencia: violencia). A socialización deportiva en función do xénero. Estructura social da práctica físico-deportiva de ocio e tempo libre: intereses dos grupos sociais e estilos de vida. Fundamentos da recreación e do ocio".
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos. Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: sesión maxistral e obradoiro.
No obradoiro se solucionarán as dúbidas das Prácticas de Aula que o alumnado realizará como traballo non presencial. Si houbese confinamento, as dúbidas se solucionan a través da plataforma Teams
*Metodoloxías docentes que se modifican.
Aprendizaxe e Servizo
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderase o alumnado a través de titorías individuais
4. Modificacións na avaliación:
Os exámenes son presenciais na aula a través de Moodle. Si hai confinamiento, os exámenes se realizarán igualmente a través de Moodle pero online.
*Observacións de avaliación: Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Os documentos básicos están dispoñibles en moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías